Como nos afecta o que se decide en Bruxelas?
Como nos afecta o que se decide en Bruxelas?
A PAC ou as cotas pesqueiras son algúns asuntos de vital relevancia que Galicia xoga no eido europeo
Cando nos preguntamos que importancia ten a UE no noso día a día, a resposta en Galicia é sinxela. Sábeno ben no sector primario. As cotas de pesca tan importante para os nosos mariñeiros
Non menos importantes son as axudas da PAC ou os fondos europeos, claves para manter en pé a industria automobilística de Vigo
Pero hai moito máis. Bruxelas é como un gran paraugas que marca as pautas lexislativas para o futuro. Algunhas das normas con máis impacto no noso día a día veñen de Europa. Desde o cargador do móbil, á separación de residuos ou as baixas por paternidade. A loita contra o cambio climático foi unha das bandeiras desta lexislatura.
Atrás quedan decisións como a fin dos monopolios nacionais no sector áreo que permitiu abaratar os billetes de avión ou a implantación do 112 como número de emerxencia para todos os países comunitarios.