Deleiba: "A idea do disco é que hai cousas da realidade coas que non nos sentimos identificados"
'Ao revés do mundo', producido por Iago Pico, é un álbum de punk rock melódico e elaborado
As letras das cancións fan un percorrido polos conflitos bélicos, a crítica político-social ou o amor pola terra
Próximos concertos: 7 de marzo na sala Sonar, Compostela, 14 de marzo na sala Filomatic, A Coruña
"A música está pasando a ser un produto prefrabricado e desalmado, un simple algoritmo". A frase é do grupo Deleiba que, desde a resistencia, acaban de publicar un disco no que se posicionan desde o propio título: 'Ao revés do mundo'.
Hoxe convidamos dous dos integrantes da banda, Mauro Gómez e Alberto Romero, para que nos falen do seu agardado primeiro álbum no que din, que se liberaron de todo tipo de complexos para compoñer cancións críticas e íntimas.