Publicador de contidos
Publicador de contidos

Dibu Martínez salva o erro de Messi e clasifica a Arxentina

Dibu Martínez salva o erro de Messi e clasifica a Arxentina

Os de Scaloni superan a Ecuador nunha sufrida quenda de penaltis logo do erro do seu capitán

G24.gal 05/07/2024 07:33

Arxentina gañoulle na quenda de penaltis a Ecuador por 4-2 e chega con moito sufrimento ás semifinais da Copa América nun partido que rematou con empate (1-1) no tempo regulamentario. 

Xa no partido, Arxentina tivo a súa dose de fortuna. Lautaro Martínez marcou primeiro, pero Ecuador xogou un gran partido e mereceu igualar nun penalti lanzado por Enner Valencia que se espetou contra o pau. No último minuto Kevin Rodríguez anotou o gol que levaba a eliminatoria á prórroga. 

Tivo que decidirse o gañador na quenda de penaltis e Messi foi o encargado de lanzar o primeiro. O capitán fallouno, pero baixo os paus de Arxentina sempre está Dibu Martínez disposto para saír ao rescate dos seus compañeiros. Dúas paradas do porteiro do Aston Villa permitíronlle ao equipo de Scaloni seguir na pelexa polo título que gañaron na última edición. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar