Publicador de contidos
Publicador de contidos

España logra o billete para os Xogos Olímpicos

España logra o billete para os Xogos Olímpicos

Gañou a final do preolímpico a Bahamas por 86-78

Coincidirá no grupo con Australia, Canadá e Grecia

G24.gal 07/07/2024 22:35

Concentrada, intensa e consciente das súas vantaxes e puntos febles, a selección española de baloncesto asinou un gran partido en defensa ante Bahamas na final do preolímpico. O traballo atrás e o control do rebote diante dun equipo cheo de xogadores da NBA déronlle o billete para os xogos de París. 

De inicio houbo moita igualdade (17-17 no primeiro cuarto), pero no segundo cuarto apareceu Lorenzo Brown con tres triplas seguidas para empezar a encamiñar a vitoria (42-34). A diferenza chegou a ser de catorce puntos durante o terceiro cuarto (61-47) e mantívose arredor dos dez puntos ata o remate do encontro. Brown, Aldama, Willy sostiveron o equipo en ataque co apoio inestimable de Garuba, Rudy e Brizuela. 

Os rivais nos Xogos Olímpicos serán Australia, Canadá e Grecia, na que vai ser a sétima participación consecutiva do conxunto español. 

86 - España (17+25+23+21): Brown (18), Llull (7), López-Arostegui (2), Aldama (12), Willy Hernangómez (15) -cinco titular- Díaz, Núñez, Brizuela (9), Rudy Fernández (9), Garuba (10) e Pradilla (4).

78 - Bahamas (17+17+22+22): Gordon (15), Hield (19), Munnings (10), Nairn, Ayton (17) -cinco inicial-, Miller, Edgecombe Jr (12), Freeman, Smith (3), Albury, Hunter e Burrows (2).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade