García Janeiro, o primeiro en escalar o muro do Ézaro
García Janeiro, o primeiro en escalar o muro do Ézaro
Disputouse a multitudinaria marcha cicloturista, con Alejandro Valverde, Samuel Sánchez ou Óscar Pereiro na liña de saída
Polas nosas estradas, tivo lugar unha nova edición do Gran Fondo Ézaro. Case mil participantes no percorrido de 107 quilómetros con chegada no xa mítico muro sobre a fervenza. Entre eles, nomes ilustres como Alejandro Valverde, o ouro olímpico Samuel Sánchez, Óscar Pereiro, Gustavo César Veloso, Álex Marque, Iván Raña, Benjamín Noval ou Álvaro Pino.
Pero ninguén puido co gañador final da proba, o Pontevedrés Guillermo García Janeiro, que chegou en solitario cun tempo de 3 horas, 16 minutos e 16 segundos. Completaron o podio Juan Vidal e Daniel García. Na feminina gañou Sandra Alonso, seguida de Mónica Alarcón e Iria Nieto.