Publicador de contidos
Publicador de contidos

A última choiva magnifica o espectáculo do Ézaro

A última choiva magnifica o espectáculo do Ézaro

Moitos visitantes desafiaron o mal tempo para achegarse ata a singular fervenza

É a única caída natural de auga de toda Europa que cae directamente na entrada do océano

G24.gal 06/10/2024 15:00

Se a borrasca Aitor deixaba preto de douscentos litros por metro cadrado a semana pasada en puntos de Galicia, era previsible que os encoros comezaran a encherse e xa que logo, precisasen baleirarse. É o caso dos que funcionan no curso do río Xallas que percorre seis concellos durante sesenta quilómetros e que remata por todo o alto na fervenza do Ézaro. Para os visitantes é un espectáculo de verde, choiva e auga por tódalas partes, sobre todo, para os que veñen da estía meseta.

Multitude de amantes da natureza acudiron este domingo a contemplar o espectáculo da auga precipitándose dende corenta metros de altura na única fervenza de Europa que desemboca no océano. 

Unhas cartas de presentación que para moitos dos que se achegan a este lugar representan un remanso de paz e tranquilidade.

Nin a choiva nin o tempo desapracible impediron que os visitantes se achegasen contemplar a forza da natureza nesta paisaxe de beleza impoñente, presidida polo monte Pindo e as augas bravas do Atlántico.

O espectáculo continuará nos vindeiros días, polo que dende Protección Civil recomendan moita precaución e respectar as indicacións para poder gozar do espectáculo en todo momento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar