Folclore e traxe galego, protagonistas no Domingo das Mozas do San Froilán
Folclore e traxe galego, protagonistas no Domingo das Mozas do San Froilán
A ofrenda a Rosalía centra os actos da festividade
O Domingo das Mozas é un dos días máis grandes das Festas do San Froilán, unha xornada na que Lugo se enche de visitantes e na que o traxe galego e a ofrenda a Rosalía de Castro son os protagonistas.
O desfile do traxe galego, con máis de cincuenta edicións, é un dos actos centrais do Domingo das Mozas, un día que moitas e moitos aproveitan para lucir estas vestimentas nunha pasarela polas rúas e que a cidade aproveita tamén para vestirse de festa e celebrar un dos actos máis emotivos destes festexos: a ofrenda a Rosalía de Castro, no parque que Lugo lle ten dedicado.
Este ano, a artesá Marga Portomeñe e a escritora Ana Carreira, ambas artistas, foron as encargadas de facer a ofrenda. Enxalzaron a figura de Rosalía, o seu compromiso con todo.
Ao rematar Cantigas e Frores interpretou o himno galego, unha tradición que se repite anualmente na homenaxe rosaliana.
Nesta xornada senlleira das patronais luguesas non faltaron tampouco as actividades para os máis cativos, e tanto o recinto feiral como os diversos eventos programados no centro da cidade tiveron unha gran afluencia de visitantes.