Publicador de contidos
Publicador de contidos

Remata un San Froilán pasado por auga

Remata un San Froilán pasado por auga

As atraccións aínda funcionarán este domingo e as casetas do polbo esperan poder abrir ata o día 3 de novembro

G24.gal 12/10/2024 20:43 Última actualización 12/10/2024 22:01

Tras unha semana de actividades para todos os públicos, este sábado rematan en Lugo as festas patronais do San Froilán. 

"O mellor do San Froilán son as festas, a tradición e todo o que transmite á cidade de Lugo".

"Veu un tempo regular pero ben. Hoxe é un día precioso para vir ao San Froilán".

"Son coruñesa e veño ver o San Froilán, que é moi famoso e encántame ver os 'chiringuitos'".

"É unha tradición e levo vivindo aquí moitos anos e veño gozar coa familia".

Esta noite, o último grupo en subir ao escenario da Horta do Seminario será Milladoiro, que este ano está de xira para conmemorar o seu 45 aniversario. 

Conclúe unha das celebracións con máis sona do outono galego, pero as barracas aínda estarán en funcionamento este domingo, con prezos rebaixados.

"Voume subir coa miña sobriña para poder berrar. Xa teño uns anos pero a min ségueme gustando subir as atraccións".

"As atraccións". "A min gústame tirar tiros na do porteiro que se move". "As atraccións".

Tamén as casetas do polbo prolongan a apertura. 

"A semana non estivo nada boa. Hoxe si, hoxe moito, foi un San Froilán de verdade, estivo moi bo día e a xente está moi animada, de feito seguen comendo".

Seguirán instaladas nas costas do parque de Rosalía de Castro durante todo o mes de outubro e quizais ata o 3 de novembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar