Cargando resultados...
A Festa do Marisco do Grove ofrece unha variada proposta gastronómica
A Festa do Marisco do Grove ofrece unha variada proposta gastronómica
Os asistentes poden elixir entre 36 propostas gastronómicas na carta
G24.gal
06/10/2024 16:10
O tirón da Festa do Marisco do Grove resiste as inclemencias do tempo e conta nesta nova edición cunha afluencia de visitantes que superou todas as expectativas. A ocupación hoteleira roza o cen por cento en toda a comarca, segundo a organización.
Con 36 propostas gastronómicas na carta, o complicado pode ser elixir por onde empezar.
Este ano a Festa do Marisco do Grove aumenta a oferta de produtos. Hai cangrexo de mar e novas variedades de empanada de millo, por exemplo. Pero o que máis se vende é o polbo e o arroz con marisco.