Lourenzá enxalza a súa faba nun ano de produción escasa polo mal tempo
Lourenzá enxalza a súa faba nun ano de produción escasa polo mal tempo
A humidade reduciu case nun 50 % a colleita, que mantén a súa calidade
A feira tamén ofrece a posibilidade de degustar as fabas de varios xeitos diferentes
En Lourenzá homenaxean a súa faba, un produto local moi apreciado polo sector da hostalería e o público en xeral. Fano por todo o alto, cunha feira na que os propios produtores poñen á venda a súa colleita.
Este ano a produción foi cativa, pero a faba mantén igualmente a súa calidade. É o tesouro da terra de Lourenzá, un legume de gran sona que se dá especialmente ben no seu val.
O tempo húmido estragou desta volta boa parte da colleita, que se reduciu case nun 50 %. Malia e todo, aseguran que a faba mantén a súa calidade.
A feira atrae moita xente, que ademais de levar para a casa o legume, poden degustalo de varios xeitos. Sen dúbida, converteuse nunha das principais embaixadoras dunha zona que ten moitos máis atractivos.