Marta Pazos: 'Dique' reflexiona sobre o que carretamos as mulleres e a cultura do esforzo"
Marta Pazos: 'Dique' reflexiona sobre o que carretamos as mulleres e a cultura do esforzo"
Nova Galega de Danza e Marta Pazos homenaxean en 'Dique' as estibadoras que construíron o dique da Campá de Ferrol
Na construción da obra de enxeñería hidráulica máis importante do século XIX as mulleres cobraban menos que os homes
A estrea é hoxe, ás oito e media, no Salón Teatro de Santiago
Mulleres de hoxe que homenaxean a mulleres de onte. Así é 'Dique', o espectáculo co que a compañía Nova Galega de Danza conta a historia das mulleres que traballaron nunha das obras de enxeñería máis importantes do século XIX: o dique da Campá de Ferrol.
Entre 1874 e 1879 duascentas mulleres traballaron no dique da Campá de Ferrol. Cada unha delas transportou 58.000 cestos sobre a cabeza. A montaxe dirixida por Marta Pazos fai unha lectura cromática, e tamén ética desta proeza.