Encarna Alonso, a 'script' do cinema galego
En 1987 comezou no audiovisual cun papel en Lendas, do seu compañeiro Carlos Amil, a primeira serie da TVG
Xa como script, o seu primeiro filme foi Sempre Xonxa, de Chano Piñeiro
Con 20 filmes ás súas costas, converteuse nunha figura imprescindible do audiovisual galego e tamén como profesora na Escola de Imaxe e Son da Coruña
Poucas persoas dispoñen dunha perspectiva da historia do audiovisual galego como Encarna Alonso. Dende a súa profesión de script asistiu ao nacemento da industria do país. Traballou na primeira seríe, Lendas, e na primeira película, Sempre Xonxa. Foi o inicio dunha longa carreira que transitou por vinte longametraxes, máis de 500 capítulos de series para televisión e inumerables curtas. Por iso, pola súa profesionalidade, dedicación e xenerosidade, o sábado recollerá o Mestre Mateo de Honra na Coruña.