Cargando resultados...
Fernando Blanco: "A esencia da produción humana é abstracta"
A mostra de Fernando Blanco 'Paisaxe, conciencia, fábrica' revela a súa alma artística tras 50 anos na arquitectura
Segundo o artista "Na arte máis comprometida coa vida é onde hai maior baleiro de cultura"
A mostra está aberta na Fundación Luís Seoane da Coruña ata o 13 de abril
G24.gal
12/03/2025 14:56
Última actualización 12/03/2025 16:19
Os espazos públicos que nos envolven, onde vivimos e onde desenvolvemos as actividades máis cotiás, están cheos de creacións arquitectónicas que acompañan a nosa existencia, pero tamén teñen unha función estética que ás veces ignoramos. Agora tedes a oportunidade de coñecer a obra do arquitecto Fernando Blanco, que nos presenta 50 anos de traballo facendo 'Paisaxe, conciencia, fábrica', unha mostra que podemos ver na Fundación Luís Seoane