Cargando resultados...
Fina Casalderrey: "Reconstruín un pasado literario para reivindicar a muller xabaril"
Fina Casalderrey: "Reconstruín un pasado literario para reivindicar a muller xabaril"
A editorial Xerais publica a primeira novela para adultos de Fina Casalderrey, que acaba de ser candidata ao premio Andersen
A muller xabaril aborda a crueldade da sociedade a través da figura dunha muller culta pero excluída
Fina Casalderrey recibirá en xuño en Pontevedra a homenaxe Escritora na súa terra da AELG
G24.gal
09/04/2023 11:30
En Pontevedra, na aldea de Santa María de Xeve, vivía a Xabarina. Unha muller de principios de século, alta, culta que se botou ao monte, entolecida, durmindo ao raso, vítima das mofas e o escarnio de moitos. A Xabarina tiña unha triste historia detrás, a historia que novelou Fina Casalderrey na que é a súa primeira novela para adultos.