Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lorenzana: "Galicia disporá dunha nova lei de igualdade laboral e precísase da implicación das empresas"

Lorenzana: "Galicia disporá dunha nova lei de igualdade laboral e precísase da implicación das empresas"

"Pensamos que Galicia é unha comunidade pioneira porque subvencionamos cando o home reduce a xornada de traballo", asegura a conselleira de Igualdade

As mulleres dedican o 40 % do seu tempo fóra do traballo á conciliación e os homes, o 28%

"Educar en igualdade é o mellor xeito de evitar a violencia de xénero", di a secretaria de Estado de Igualdade

G24.gal 08/03/2022 09:53

María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade, conversa no 'Bos días' con Fran López Iglesias co gallo do Día da Muller Traballadores.

A conselleira comeza falando da nova lei de igualdade da que vai dispoñer Galicia que ten como obxectivo, di, loitar contra a violencia e discriminación das mulleres en todos os eidos da súa vida, así como visibilizar as novas desigualdades que xorden e tentar erradicalas

Galicia disporá dunha nova lei de igualdade

María Jesús Lorenzana, conselleira de Emprego e Igualdade:

"Queremos incorporar as últimas novidades dos convenios internacionais nesta materia, pero, sobre todo, avanzar na parte relativa a igualdade laboral. En Galicia avanzamos moito en canto a igualdade laboral e estamos á cabeza de España en emprendemento feminino, e somos a segundo comunidade que ten máis mulleres autónomas, pero tamén hai que avanzar na parte relativa a conciliación e a corresponsabilidade e a brecha salarial entre mulleres e homes. Por iso lle damos unha importancia grande na lei ao que chamamos benestar organizacional. Traballar para que as empresas empecen a racionalizar os tempos de traballo e incidan na flexibilidade horaria e que as empresas empreguen dun xeito racional o teletraballo para evitar que as mulleres sexan as que maioritariamente reduzan as xornadas laborais, collan excedencias e, polo tanto, freen as súas carreiras profesionais e iso acaba repercutindo nesa fenda salarial".

A lei tamén regula asuntos que en Galicia teñen transcendencia como o estatuto da muller rural, nova organización municipal con espazos seguros, con paradas de autobuses seguras. É unha lei moderna adecuada á sociedade actual. Regulando temas como a dixitalización e a necesaria formación das mulleres en materia dixital".

Os datos din que a muller destina, despois de traballar, o 40 % do seu tempo á conciliación e o home, só o 28 %. Canto á fenda salarial, hai sectores moi feminizados, onde as mulleres están moi en desvantaxe e tamén nos postos directivos das empresas, onde só o 18 % son mulleres.

"As moitísimas causas que provocan esta situación, pero un tema relevante é o da conciliación, onde as mulleres monopolizamos a parte relativa aos coidados e responsabilidades familiares. Nós estamos traballando nunha política máis ampla que o mero concepto de fomentar a corresponsabilidade (...) Entendemos que é clave que a muller estea no mercado de traballo desde o primeiro momento da súa carreira profesional en condicións idénticas ás do home. Por iso é importante que as empresas participen; toda a sociedade temos que participar na evolución da muller no mercado laboral".

"Nesta nova lei incorporamos unha nova marca galega de igualdade que veñen recoñecer as empresas que teñen uns maiores estándares en materia de igualdade".

"Desde  2019 a 2021, en Galicia as mulleres pasaron de ocupar postos directivos en entidades de economía social, como poden ser as cooperativas, de integración(...), pasaron dun 37 % a ser máis que os homes nos postos directivos deste tipo de entidades".

"Pensamos que Galicia é unha comunidade pioneira porque subvencionamos cando é o que reduce a xornada de traballo, pero hai que continuar insistindo no tecido produtivo.

Este ano remata a vixencia do actual Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Hai acordo na Conferencia Sectorial de Igualdade. Sobre o camiño que hai que emprender para que non haxa voltas atrás, a conselleira de Igualdade da Xunta de Galicia di:

"Habería que facer permanente o pacto. O pacto de Estado foi unha moi boa idea que comezou no goberno de Rajoy e que veñen executando as CC. AA. En Galicia temos unha unha moi alta execución e conseguimos que estas medidas tivesen realmente efecto porque empregamos unha transversalidade na execución das políticas contra a loita de violencia de xénero. (...) Agora xa hai que dar un paso máis- Hai que incidir moito na parte de prevención e sensibilización; esta é a parte fundamental".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade