Cargando resultados...
Iván Estévez: "Nunha banda mestúranse rapaces de 10 anos cos de 70, esa é unha riqueza única"
No XV Certame de Bandas participan 8 formacións esta fin de semana en Celanova
Este ano actuarán as bandas de Celanova, Caldas de Reis, Coles, Lourenzá, A Limia, Rubiós e Silleda
A federación suma 6.262 músicos agrupados en 95 bandas
Iván Estévez, presidente da Federación Galega de Bandas de Música Popular
G24.gal
01/12/2022 16:21
En Galicia non hai vila, concello ou case parroquia que non conte cunha ou máis agrupacións musicais. Hai bandas de música con case 200 anos e o mellor de todo é que hai remuda, a media de idade destas agrupacións baixou dos 50 aos 20 anos nos últimos tempos. De todo isto falamos con Iván Estévez, da Federación Galega de Bandas, que celebra o seu certame anual esta fin de semana.