Keina Espiñeira: "Investigar álbums familiares fíxonos ver as relacións entre traballos e coidados"
Keina Espiñeira: "Investigar álbums familiares fíxonos ver as relacións entre traballos e coidados"
No proxecto participa a agrupación Mulleres á fronte con investigadoras das tres universidades galegas
A mostra reúne fotografías tomadas por mulleres caboverdianas para explorar as relacións entre os coidados e o traballo
Coidados na diáspora. Unha autoetnografía fotográfica de mulleres caboverdianas en España, ata o 26 e abril Casa da Cultura, Burela
"Nas praias da miña infância Morrem barcos Desmantelados Fantasmas De pescadores Contrabandistas Desaparecidos Em qualquer vaga Nem eu sei onde...".
Así comeza Barcos, da poeta caboverdiana Yolanda Marazzo. Sérvennos para situarnos nun dos temas que centra o programa de hoxe. Coidados na diáspora é unha exposición que podemos visitar xa na Casa da Cultura de Burela. A mostra forma parte dun traballo de investigación da profesora Keina Espiñeira sobre as mulleres caboverdianas da nosa comunidade.