Manuel Ferreiro: "Xa en vida Pondal quería que se corrixira o himno"
Unha iniciativa lexislativa popular reclama a restauración da letra orixinal do poema Os pinos, de Pondal
Termos como 'chan, 'féridos' ou 'iñorantes' serían erros de transcrición do poema orixinal que se foron sucedendo
En 1890 Eduardo Pondal publicaba o poema 'Os pinos' e en 1907 interprétabase na Habana por primeira vez. Aquí chegou uns ano despois pero... soaba exactamente coas mesmas palabras que escribira Pondal? Así foi como nos chegou, pero hai investigadores que defenden que a letra que coñecemos contén erros e reclaman que o himno oficial sexa restaurado. De feito, xa fixeron varios intentos, o último a través dunha iniciativa lexislativa popular que impulsada por entidades como Vía Láctea e Galicia Cultura, o musicólogo Fernando López-Acuña e o investigador Manuel Ferreiro.