Cargando resultados...
Medos Romero: "Quixen pór palabras as imaxes que non existen da época da pandemia"
Medos Romero: "Quixen pór palabras as imaxes que non existen da época da pandemia"
As flores do baleiro é un pranto contido, un testemuño poético e persoal desde o ventre da pandemia
O poemario reflexiona sobre a fraxilidade do ser humano, pero tamén sobre o seu egoísmo e a súa necidade
G24.gal
04/12/2024 14:54
Última actualización 04/12/2024 16:42
"Pousarás a túa man sobre ese home moribundo. Non é nada teu, Dóeste. Morrerá lonxe dos seus, e ti sábelo. Antes dos sono profundo, pronunciarás o seu nome. Sorrís. Irase de seguro cos teus ollos marcados na memoria".
É un dos poemas de 'As flores do baleiro' de Medos Romero. Un traballo que transita pola fraxilidade do ser humano. Medos viviu a pandemia do coronavirus en primeira liña de fogo, nun hospital, e iso marcouna tanto que aí agromaron 'As flores do baleiro', este testemuño poético e persoal.