Mero Iglesias: "Este libro é unha vinganza para os que pensaban que non se podía rezar en galego"
Mero Iglesias: "Este libro é unha vinganza para os que pensaban que non se podía rezar en galego"
O autor recolle no libro diferentes formas populares de oracións, rezos de trasmisión oral durante centos de anos
Este traballo etnográfico foi posibles grazas ao traballo de recollida que o autor fixo durante máis de 40 anos polas aldeas
Breviario breve da devoción popular está editado na colección Manuais do Museo do Pobo Galego
"San Xoán pediulle a Cristo que non o adormentase, para ver bailar o sol o día da súa romaxe". Queremos falar de rezos, oracións e formas da tradición galega oral que atravesaron o tempo e agora están recollidas no libro: Breviario breve da devoción popular. Nel publícase o material que durante décadas compilou o escritor e investigador Mero Iglesias. Di neste Breviario breve que "a solución de todo mal está no santoral".