Julio Vilariño: "Humor e etnografía parece que non van parellos, pero atopamos moitos exemplos nesta MICE"
Julio Vilariño: "Humor e etnografía parece que non van parellos, pero atopamos moitos exemplos nesta MICE"
A 20ª edición da MICE pon foco non documental 'O home e o carro', e na reflexión arredor da etnografía e o humor
A sesións Trazas percorre o cinema dos 50 que representa a simplificación e idealización da “civilización” fronte ao “salvaxe”
O filme gañador da Biznaga de Prata ao Mellor Documental do Festival de Málaga, 'Salvaxe, salvaxe' preestréase na MICE
A MICE, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico Museo Pobo Galego comeza este mércores a súa edición número 20. Vinte anos de compromiso, de divulgación e de creación de espazos entre o cinema e a antropoloxía. Nesta edición programaranse 46 filmes, 12 estreas e cinco días de festival.
Case 800 cineastas e arredor de 20.000 persoas que levan participado na mostra avalan estas dúas décadas. Pasadomañá, no Teatro Principal de Santiago, inauguran a esta vixésima edición coa presentación da copia dixitalizada do filme fundacional do cinema galego, 'O carro e o home', que é tamén o leitmotiv desta edición.