Miguel Taín: "Georgiana formulou en 1915 que a arte medieval viña polo Camiño de Santiago"
Miguel Taín: "Georgiana formulou en 1915 que a arte medieval viña polo Camiño de Santiago"
Oito estudos abordan a obra da profesora norteamericana Georgiana Goddard, que visitou Compostela no Xacobeo de 1915
En 1920, publicou un libro sobre a ruta xacobea, ‘The Way of Saint James’, e deuna coñecer no seu país. Foi a primeira peregrina erudita.
A autora ten o mérito de ser a primeira persoa que investigou e analizou o estado das rutas xacobeas a pé de ruta no Camiño Francés
Foi unha avanzada ao seu tempo, unha pioneira e foi tamén a primeira peregrina erudita que visitou Santiago de Compostela no ano xacobeo de 1915. Chamábase Georgiana Goddard King e a súa figura rescátese agora nunha investigación que acaba de publicarse.
Nesta investigación participa Miguel Tain Guzmán, catedrático da Universidade de Santiago, que vai debullar a vida desta norteamericana que deu a coñecer o Camiño de Santiago.