Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mónica Bello: "Nos laboratorios hai moitas preguntas sen resposta, e os artistas tamén buscan outras maneiras de investigar"

Mónica Bello: "Nos laboratorios hai moitas preguntas sen resposta, e os artistas tamén buscan outras maneiras de investigar"

'Instrumentos de visión' mostra a ollada de Armin Linke na que a creación artística e a física de particulas se entrelazan na Igrexa da USC ata agosto

A mostra compila máis de 20 anos de traballo a partir da observación das investigacións en grandes infraestruturas experimentais como o CERN

Para esta ocasión, Armin Linke realizou unha serie de obras nas que se recolle o labor científico do persoal do IGFAE

G24.gal 21/06/2024 14:51 Última actualización 21/06/2024 16:30

Hoxe se inauguraba unha exposición na igrexa da Universidade de Santiago que nos leva ata o interior dos laboratorios máis vangardista pero desde a ollada do artista Armin Linke. Son fotografías e vídeos que nos introducen neses lugares aos que nunca chegamos a maioría de nós.

Por exemplo, no Instituto Galego de Física de Altas Enerxías ou no mesmísimo CERN, a Organicións Europea para a Investigación Nuclear. E a través das súas fotografías e vídeos quizais poidamos atopar novas conexións entre arte e ciencia. A comisaria desta exposición é unha santiaguesa,  Mónica Bello, que dirixe o programa ARTs at CERN. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade