Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vigo sae á rúa para celebrar o Día do Orgullo Crítico nunha masiva manifestación

Vigo sae á rúa para celebrar o Día do Orgullo Crítico nunha masiva manifestación

Marcha do Orgullo Crítico en Vigo
G24.gal 29/06/2024 22:47

Vigo acolleu este serán unha gran manifestación polas rúas da cidade. Convocada polos colectivos LGTBI Nós Mesmas e Avante, a resposta cidadá foi multitudinaria. Participaron homosexuais e trans de Vigo e da gran maioría de concellos da comarca.

Un dos lemas dos manifestantes foi: "Se atacan a unhe, respondemos todes". Un día despois da celebración do Día Internacional do Orgullo, Vigo acolleu a marcha que rematou cunha festa na Porta do Sol. Culmina así un amplo programa de actividades que se desenvolveron na cidade olívica durante todo o mes de xuño para implicar a sociedade na igualdade e na defensa dos dereitos das persoas sexa cal sexa a súa identidade sexual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade