Publicador de contidos
Publicador de contidos

Reivindicacións e celebracións no Día do Orgullo

Reivindicacións e celebracións no Día do Orgullo

Máis de 80 países consideran un crime as relacións entre persoas do mesmo sexo, e cinco castíganas coa pena de morte

G24.gal 28/06/2024 21:04

Comezaba o día izando a bandeira en Chueca. Sinal que anuncia as multitudes dos festexos grandes do Madrid Orgullo da semana vindeira.

Despregadura das cores reinvindicativas tamén en Barcelona. E igualmente orgullo en éuscaro, en Pamplona. E en valenciano clamaban na manifestación da tarde "Polos nosos dereitos: Orgullo e resistencia". Alí estaba o ministro do Interior. 

"Os que temos xa unha idade e tivemos que estar moitos anos da nosa vida vivíndoos en branco e negro, tristes, sen poder ser e manifestarnos coma realmente eramos, sabemos o importante dos dereitos adquiridos nos últimos anos", dixo Fernando Grande-Marlaska

O Día do Orgullo celébrase dende hai máis de medio século. Ten as súas orixes en Nova York, no que era o bar Stonewall Inn, hoxe monumento nacional. En 1969 fixo alí a policía unha redada contra o colectivo homosexual. 

"Se non podemos estar seguros ante a policía, non temos sitio na sociedade", conta que pensou aquela noite Mark, que andaba por alí con 18 anos

Foi o comezo de espontáneos levantamentos que ao ano seguinte cristalizarían co primeiro Día do Orgullo.

Celébrase para sensibilizar, concienciar e sinalar que existe un problema sen resolver pendente na sociedade. Nalgúns países aínda hoxe pode custar a vida pertencer ao colectivo.

"Educación, dereitos e paz", reclaman os manifestantes na Coruña

Na Coruña, centos de persoas secundaron unha mobilización, cun percorrido convocado desde a praza de Ourense ata a de María Pita, para reclamar 'Educación, dereitos e paz: Orgullo que transforma', lema da pancarta, e conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBI+.

Convocada polo colectivo ALAS Coruña, contou on a participación de representantes de distintos ámbitos da sociedade e con pancartas en demanda de que se respecten os seus dereitos e tamén lembrando ao mozo Samuel Luiz, falecido tras unha brutal malleira no paseo marítimo coruñés fai tres anos. "Non estamos todas, falta Samuel", recollía un dos carteis.

A presidenta de ALAS Coruña, Ana Fernández, trasladou a preocupación polo "auxe da ultradereita, eses discursos hai que paralos", dixo en liña con algunhas das proclamas. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade