Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Marcha do Orgullo reclama que non se retroceda nos dereitos acadados pola comunidadede LGTBI+

A Marcha do Orgullo reclama que non se retroceda nos dereitos acadados pola comunidadede LGTBI+

A comunidade LGBTI+ desfilou baixo o lema "Educación, dereitos e paz: orgullo que transforma"

En contra dos discursos de odio nas aulas e por unha educación na diversidade

G24.gal 06/07/2024 21:41

Baixo o lema "Educación, dereitos e paz: orgullo que transforma" concéntrase centos de miles de persoas nas rúas de Madrid. Desde os colectivos LGTBI reclaman que non se retroceda en ningún dos dereitos acadados e que queda pendente un pacto de Estado que todas as forzas políticas debatan no Congreso. 

En Madrid hoxe é un día para saír á rúa, visibilizar a diversidade, e reivindicar unha sociedade na que caibamos todas, todos e todes. Nesta edición a festa do Orgullo máis grande de Europa pon o foco na loita contra os discurso de odio desde a infancia. Reclama unha educación na diversidade onde ningúen sexa xulgado por ser como é.

"Precisamos escolas libres de homofobia, de bifobia, escolas libres de transfobia. É urxente, precisamos diversidade nos espazos formativos", advertiu Ronny de la Cruz presidente de COGAM.

"Queremos abrir o Orgullo que non é só unha cousa de maricas, lesbianas e bisexuais viciosas ou trans. O Orgullo é a porta da casa onde cabemos todas, todos e tode", insistiu Uge Sangil, presidenta da Federación Estatal LGTBI+

Nunha Europa onde a ultradereita gaña peso e os dereitos acadados polo colectivo se volven cuestionar, o Goberno insistiu en que non se pode retroceder e queda aínda pasos por dar.

"Queda pendente un pacto de Estado para as persoas LGTBI. Precisamos, como fixemos na mesa de diálogo social, que todas as forzas políticas no Congreso debatan sobre os dereitos das persoas LGTBI no noso país", asegurou a Vicepresidenta segunda do Goberno, Yolanda Díaz.

Máis de cen entidades están representadas na manifestación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade