Publicador de contidos
Publicador de contidos

O novo reto de Sergio Escudero

O novo reto de Sergio Escudero

O valisoletano busca dar un paso máis na súa ampla carreira coa chegada ao Deportivo

Falou de que o Dépor é un club histórico, e iso axudou a decantar a balanza

Escudero, na súa presentación.
G24.gal 22/07/2024 15:07

A veteranía chegou a Riazor. Sergio Escudero foi presentado oficialmente como novo xogador do Deportivo da Coruña. O defensa amosouse moi contento na súa presentación, e dixo que esta tempada é un novo reto para el.

Cando foi preguntado polo motivo que o levou a chegar á Coruña, gabou o equipo e dixo que é un histórico do fútbol español, e que el viu os seus mellores anos. A ilusión de Escudero é máxima, e o lateral busca achegar veteranía e traballo na tan desexada volta á Segunda División.

Co Valladolid, equipo da súa terra natal, deu bo rendemento e ascendeu ao conxunto á máxima categoría. E co Dépor non se cerra portas, coa meta clara de facelo o mellor posible e coller boas sensación para, como mínimo, afianzarse na Liga Hypermotion.

Escudero, exercitándose en Abegondo.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos