Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cristóbal Parralo: "Volver a Riazor sempre é especial"

Cristóbal Parralo: "Volver a Riazor sempre é especial"

O adestrador do Rácing de Ferrol valorou como chegan os equipos ao derbi 

O ex do Dépor loou o xogo dos seus rivais, malia a que levan cero puntos

Os xogadores do Rácing saúdan a afección. RÁCING DE FERROL
G24.gal 31/08/2024 17:30

Xornada de derbi en Riazor. A segunda división recupera un partido entre galegos, o Deportivo-Rácing de Ferrol. Os dous chegan nun momento delicado. Os ferroláns teñen un punto de seis posibles, mentres que os discípulos de Idiakez aínda non estrearon o seu marcador.

Cristóbal Parralo ve o partido como unha oportunidade para sumar de tres, pero á vez como unha trampa ante un rival que non é como di a clasificación. A loita e o espectáculo están garantidos, e Parralo ten claro como ten que xogar o seu equipo.

O adestrador volve a Riazor, equipo no que exerceu como local, o que fai que a volta sexa emotiva e especial, como xa o foron as anteriores na Primeira Federación. Os tres puntos son un ben moi prezado para dous equipos que queren desatrancar un inicio accidentado. E Riazor é unha grande oportunidade para iso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade