Chega Gauto e marchan Iano, Alcaina, Rubén López e Chacón
Chega Gauto e marchan Iano, Alcaina, Rubén López e Chacón
O arxentino chega de xogar no Basilea da liga suíza, onde disputou 23 partidos e deu unha asistencia
Os catro que saen vanse en calidade de cedidos ata o final da presente tempada
O último día de mercado está sendo movido na Coruña. O club herculino anuncia a incorporación do extremo arxentino Juan Gauto. Soaba dende hai tempo e foi hoxe cando se concretou a operación co Basilea, equipo do que chega. Ademais, Iano Simao, Alcaina e Rubén López marcharon como cedidos a Arenteiro, Real Murcia e Barça Atletic respectivamente.
Gauto é un talentoso extremo arxentino ao que lle gusta encarar e regatear aos seus rivais. Calidade forxada nas rúas arxentinas que estará ao servizo do Deportivo de Idiakez. Na súa última tempada en Suiza, no Basilea, deu unha asistencia en 23 partidos entre liga e copa.
Tamén houbo despedidas, as de Iano Simao, Alcaina e Rubén López. O lateral esquerdo vaise cedido ao Arenteiro ata final de tempada na busca de minutos. Alcaina marcha ao Real Murcia na busca de importancia en Segunda Federación. E o medio porá rumbo ao filial do Barça. Esta última operación inclúe opción de compra para o Barcelona, e cláusula de recompra e de repesca en inverno para o Deportivo.
E a escasas horas do remate do mercado, os coruñeses anunciaban a marcha de Luis Chacón. O mediapunta chegara este ano procedente do Rácing de Ferrol, pero xogará cedido na Cultural Leonesa. Xusto este sábado, a Cultural enfrontase ao Arenteiro, exequipo do de Pontedeume. Con estes movementos, o Deportivo da o seu mercado por pechado, salvo sorpresas de última hora.