Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo anuncia a chegada de Charlie Patiño

O Deportivo anuncia a chegada de Charlie Patiño

A perla inglesa deixa o Arsenal e chega á cidade herculina para xogar no equipo ao que animaba de pequeno os próximos catro anos

O mediocentro é neto de galegos, pero naceu e criouse en Inglaterra

Anuncio de Charlie Patiño Anuncio de Charlie Patiño
G24.gal 26/08/2024 19:28

Era un segredo a voces e a afección non podía esperar máis. Charlie Patiño chega ao Deportivo nunha fichaxe que revoluciona a Segunda División e que volve tola a todo o deportivismo. O canteiran do Arsenal cambia Londres por A Coruña, e Riazor xa agarda pola súa maxia.

Cun contrato de catro anos, e cunha cifra que se especula que anda preto do millón de libras, Charlie Patiño chega ao club ao que animaba de pequeno. De ver Riazor detrás dunha pantalla, a ser el o protagonista co balón no tapete verde da Coruña.

Charlie Patiño reforza un cadro de xogadores que busca reaccionar despois de dúas derrotas consecutivas. A maxia dunha das grandes promesas da Premier League en Riazor. O soño cumprido dun neno, e tamén o de toda unha cidade. É o momento de Patiño no Dépor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos