Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo sorprende coa fichaxe de Cristian Herrera

O Deportivo sorprende coa fichaxe de Cristian Herrera

O canario chega libre despois de xogar a última tempada na U. D. As Palmas

Foi moi importante no Lugo na súa etapa na Segunda División

Cristian Herrera. @RCDeportivo Cristian Herrera. @RCDeportivo
G24.gal 31/08/2024 16:26

Cristian Herrera volve a Galicia, pero farao con outras cores. Tres anos despois de deixar o C. D. Lugo, o Deportivo da Coruña sorprendeu, un día despois do peche do mercado de fichaxes, coa incorporación do canario, que estaba libre tras rematar a súa vinculación coa U. D. As Palmas.

O dianteiro, que sabe o que é ser importante e marcar goles nun equipo galego, firma por unha tempada con opción a outra se o seu rendemento é bo. Aos seus 33 anos, Herrera non perdeu o olfacto goleador e ten un amplo coñecemento da Liga Hypermotion.

Cristian Herrera pecha unha semana, a última do ano co mercado aberto, moi movida en canto a saídas e chegadas. Este venres, chegaba Juan Gauto, e marchaban cedidos ata catro futbolistas. Un deles Luis Chacón, firmado este mesmo verán. E cando ninguén contaba, Cristian Herrera chegou como a gran sorpresa. Cadro pechado no Dépor, que xa ten a mente ao cen por cento no derbi deste domingo ante o Rácing de Ferrol.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos