Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo Abanca non dá a talla nun partido marcado en vermello (0-1)

O Deportivo Abanca non dá a talla nun partido marcado en vermello (0-1)

O Español levou os puntos grazas a un gol da exdeportivista Ainoa Campo

A porteira local Inés Pereira foi a máis destacada do partido

G24.gal 17/11/2024 12:57 Última actualización 17/11/2024 13:54

O Deportivo Abanca perdeu un partido en que poñía moito en xogo. Enfrontábase ao Español, outro acabado de ascender, co que podía empatar na clasificación. A derrota (0-1) provoca todo o contrario, deixa o conxunto coruñés na zona baixa e saca da queima as españolistas. 

A primeira metade deixou unha das peores versións do Deportivo Abanca en toda a temporada. O Español tivo moitas ocasións claras de gol e o resultado de 0-1 foi o mellor que lles puido pasar ás de Irene Ferreras. A porteira Inés Pereira tivo un papel moi destacado e o gol marcouno a ex deportivista Ainoa Campo no minuto 37. 

Na segunda metade meteu a adestradora a Henar e Olaya, pero as sensacións do Deportivo Abanca non cambiaron. Seguiu tendo o control do coiro pero con pouca profundidade. O Español defendía ben e buscaba o segundo gol. Chamorro e Carolina Marín volveron atopar a boa intervención de Inés Pereira. Así rematou o partido, cunha derrota que doe, pero merecida, do equipo deportivista. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade