Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo viaxa a Almería sen Mella e Lucas

O Deportivo viaxa a Almería sen Mella e Lucas

O club non desvela se Mella e Lucas están en condicións de xogar

G24.gal 16/11/2024 18:07 Última actualización 16/11/2024 20:27

Con baixas pero coa moral alta polos dous triunfos conseguidos nas dúas últimas xornadas, o Deportivo afronta o terceiro encontro da era Gilsanz. Os resultados acompañan, de momento, ao técnico betanceiro. En Almería haberá obrigadas novidades. Será o momento dalgúns dos menos habituais.

O compromiso preséntase complicado. O Almería ten só tres puntos máis que o Deportivo, pero vai claramente a máis. O equipo andaluz gañou tres e empatou un dos seus últimos catro encontros. Gilsanz confía na capacidade do seu cadro de xogadores para adaptarse as dificultades que presente o partido.

Na tarde dominical, no Almería Stadium, buscará o Deportivo prolongar a súa xeira positiva de resultados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade