Os galegos son os que máis gastan en pan de toda España
Os galegos son os que máis gastan en pan de toda España
O gasto en produtos do pan por persoa e ano é de 344 euros
Tamén encabezan o gasto estatal en tabaco, xoias e mascotas
Mantemento de animais domésticos, 189 euros; compra de pan, 344; consumo de tabaco,126, e compra de xoias, 43, son os apartados nos que os galegos encabezan o gasto en España. No caso do pan hai unanimidade e resulta moi raro atopar alguén que non o consuma varias veces ao día.
"Eu como pan en todas as comidas do día", conta un consumidor. "Todos os días compro unha barra, e mellor se é artesá", explica outro.
En arranxarse xa gastan menos e Galicia sitúase na parte baixa en canto a euros destinados a salón de peiteado, maquillaxe ou compra de roupa. O lecer, con todo o que abrangue, é o gasto máis importante para os galegos máis alá da comida. Iso si, a maioría non fai un balance de gastos ao cabo do ano para ver a que se destinan os cartos.
Aínda que o estudo de consumo do Instituto Nacional de Estatística non analizou ese dato, o certo é que todos coinciden en que a alta calidade do pan galego favorece o seu consumo.