Cargando resultados...
Nova avaría do tren de luxo Transcantábrico, que obrigou a continuar a viaxe turística en bus
Nova avaría do tren de luxo Transcantábrico, que obrigou a continuar a viaxe turística en bus
O incidente afectou dous servizos de Feve
O verán pasado un suceso semellante deixou varado o convoi en Burela
G24.gal
29/06/2024 20:26
Unha avaría no tren de luxo Transcantábrico impediu que continuase viaxe cara a Ferrol.
Os 24 pasaxeiros foron trasladados en bus para seguir coa súa visita turística polo norte de España.
Ocorreu na mañá deste sábado, cando o convoi quedou sen tracción e tivo que ser apartado da vía por unha máquina.
A incidencia afectou dous servizos de Feve entre Viveiro e Ortigueira, pero a media mañá xa se restableceu a normalidade.
O ano pasado o Transcantábrico xa sufrira unha avaría semellante en Burela.