'Mulleres espontaneadas' do século XVIII, nin delito nin pecado
'Mulleres espontaneadas' do século XVIII, nin delito nin pecado
'Muller espontaneada' é un concepto xurídico case descoñecido e único en Galicia que alude ás embarazadas solteiras
O estudo de Ángel Arcay céntrase nos séculos XVIII e XIX nas comarcas do Eume e Ferrol
Realizou as investigacións recuperando 555 expedientes do Arquivo Notarial da Coruña
Nos séculos XVIII e XIX en Galicia creouse un concepto xurídico único: o de 'muller espontaneada'. Eran todas aquelas que, sendo solteiras e viúvas, quedaban embarazadas, acudían ás autoridades para autoinculparse e declarar o como, cando, e con quen dese embarazo. A cambio recibían o perdón pola franqueza das súas declaracións, acadando tamén unha especie de salvoconduto para non ser molestadas por tal feito. O historiador brigantino Ángel Arcay publicou un ensaio sobre este tema baseándose nos expedientes que atesoura o arquivo notarial da Coruña.