Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lorenzana: "O benestar laboral, a conciliación e a flexibilidade son necesarias para romper a fenda do xénero"

Lorenzana: "O benestar laboral, a conciliación e a flexibilidade son necesarias para romper a fenda do xénero"

A Conselleira de Emprego e Igualdade, afirmou que a lei de igualdade de Galicia vai adaptarse á realidade do país e creará o estatuto da muller rural e do mar

G24.gal 07/03/2023 09:33

A conselleira María Jesús Lorenzana falou nunha entrevista no programa Bos días da TVG da lei de Igualdade, que está a piques de aprobar a Xunta. Unha lei en que a prioridade é concienciar as empresas da necesidade de incorporar o benestar laboral nas súas prácticas.

Recoñeceu que hai traballo feito, pero aínda queda camiño por andar.

Dentro do debate de actualidade, Lorenzana lamentou que o Goberno central estea con leas internas e non se centre nos temas de Estado, como pode ser acadar unha igualdade real. Reprochoulle a Unidas Podemos que se atribúan o dereito de determinar quen pode ser feminista.

En canto á reforma da lei do 'só si é si', a conselleira dixo que o presidente Sánchez non é capaz de impoñerse e gobernar cos ministros e ministras que el mesmo nomeou, e falou de "secuestro" do Congreso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade