O Gran Camiño contará con máis equipos World Tour
O Gran Camiño contará con máis equipos World Tour
Ezequiel Mosquera: "Antes tiñamos que chamar, agora os grandes chámannos. Saben que é un evento top"
O Gran Camiño está no quilómetro cero. Vaise disputar na última semana de febreiro con catro etapas. Contará co apoio da Xunta e das deputacións. Esta mañá o organizador, Ezequiel Mosquera, entregoulle ao presidente da Xunta o maillot asinado por Jonas Vingegaard, o último vencedor.
Que gañaran Vingegaard ou Alejandro Valverde nas edicións celebradas cambiou a idea que existía sobre esta carreira. Segundo Ezequiel Mosquera, prevese que aumente o número de equipos World Tour.
"Antes tiñamos que chamar, agora os grandes chámannos. Saben que é un evento top".
O percorrido vaise comezar a desvelar a partir da próxima semana.
"O percorrido está por trazar de xeito definitivo e os equipos están interesados".
Será diferente ao de anos anteriores.