Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez reunirase este venres con Xi Jinping para defender o papel da UE na guerra de Ucraína

Sánchez reunirase este venres con Xi Jinping para defender o papel da UE na guerra de Ucraína

G24.gal 30/03/2023 20:57 Última actualización 30/03/2023 22:12

O presidente do Goberno español Pedro Sánchez chegou a Pequín, onde este venres se vai reunir co presidente do país Xi Jinping.

Sánchez defenderá ante o dirixente chinés a posición da UE na guerra de Ucraína, pero recoñecerá a importancia do papel que xoga o xigante asiático na escena internacional.

Inmediatamente despois de Sánchez, chegarán tamén a Pequín o presidente de Francia Emmanuel Macron, a presidenta da Comisión Europea Ursula von der Leyen e o responsable da política exterior europea Josep Borrell.

O presidente español pediu aos dirixentes chineses que axuden a parar a guerra en Ucraína e eviten o proteccionismo: “Estiven con 40 presidentes nunha semana e ninguén quere a fragmentación económica nin a guerra”.

Pedro Sánchez será mañá o primeiro líder europeo en abordar con Xi Jinping a proposta chinesa para Ucraína. Antes de viaxar a Pequín, o presidente do Goberno participou no Foro Boao, un encontro económico considerado o Davos asiático.

Sánchez presentou España como un socio fiable para investir e apostou por redefinir a relación da Unión Europea co país asiático na conferencia anual do Foro de Boao para Asia, que promove a integración económica en Asia e que leva por lema: "Un mundo incerto: Solidaridade e cooperación para o desenvolvemento no medio dos desafíos".

Durante esta viaxe están previstos varios encontros de carácter económico que incluirán unha xuntanza con representantes de empresas chinesas do sector turístico e outros encontros bilaterais no marco do Foro de Boao, como coa Directora Xerente do FMI e con representantes do máis alto nivel das empresas Astra Zeneca e Mitsubishi.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade