Cargando resultados...
Proxecto Polaroid: na intersección da arte e a tecnoloxía
Proxecto Polaroid: na intersección da arte e a tecnoloxía
Amosa máis de 300 pezas, entre fotografías, instrumentos e materiais de traballo
Hai imaxes de máis de cen fotógrafos, entre eles, Andy Warhol, Ansel Adams e Robert Mapplethorpe
G24.gal
19/05/2023 15:24
Última actualización 19/05/2023 16:55
Ata o 9 de xullo, a Fundación Barrié amosa na Coruña Proxecto Polaroid, unha interesante mostra que fai un percorrido pola historia desa cámara instantánea que revolucionou a fotografía a finais dos anos corenta. Imaxes de máis de 100 prestixiosos fotógrafos comparten espazo con aparellos e materiais que fixeron posible as súas obras.