'Rapa, o documental': os veciños de Sabucedo falan
'Rapa, o documental': os veciños de Sabucedo falan
Rapa, a visión da Rapa de Sabucedo dende a ollada dos veciños
Los pequeños amores, un drama familiar protagonizado por María Vázquez
Chega aos cinemas a versión restaurada de Stop making sense, o mítico documental de Jonathan Demme
Begoña Vázquez, a colaboradora de cine de Zigzag fala de Rapa, un documental que nos somerxe na Rapa de Sabucedo desde un punto de vista diferente. Aborda esta tradición cos veciños de Sabucedo como protagonistas. Lonxe da imaxe bucólica e festeira, Alejandro Enríquez pon o dedo nas problemáticas do evento, escoitando os que durante todo o ano o preparan.
Os pequenos amores da sevillana Celia Rico ten como protagonistas a María Vázquez e Adriana Ozores. O filme reflicte ese amor materno-filial en que afloran as tensións, as diferenzas, pero tamén as coincidencias, un amor incondicional imposible de cuantificar e delimitar.
Está xa en cines tamén a versión restaurada de Stop Making Sense, de 1984, un documental sobre un dos concertos da mítica banda de pop-rock Talking Heads rodado en tres noites e con sete cámaras.