Rui Pato: "A liberdade conquistada o 25 de abril pode que non sexa para sempre"
Rui Pato: "A liberdade conquistada o 25 de abril pode que non sexa para sempre"
Rui Pato, con 16 anos, foi escollido por Zeca Afonso para que o acompañase nos espectáculos e nas gravacións dos seus discos
Pato tocou con Zeca Afonso entre 1962 e 1969. Gravou discos tamén con Adriano Corredoira de Oliveira ou Nuno Guimarães
Foi testemuña directa da Revolucíon dos Caraveis o 24 de abril de 1974 na rúas de Lisboa como médico militar
"O 25 de abril de 1974 Movimento da Forzas Armadas, coroando a longa resistencia do pobo portugués e interpretando os seus sentimentos profundos, derrubou o réxime fascista".
Así comeza o Preámbulo da Constitución da República Portuguesa, lembrando a Revolución dos Caraveis. Hoxe celébranse 50 anos daquel día en que unha canción de Zeca Afonso se converteu nun himno de liberdade.
Hoxe en Galicia celébrase este aniversario e o Grândola Vila Morena volveu soar. E esta noite temos un testemuño directo daquela revolución, médico e músico que, con 16 anos xa tocaba co Zeca, Rui Pato.