Publicador de contidos
Publicador de contidos

Salvador Sobral: "Non sei cal é o meu estilo, eu son cantor"

Salvador Sobral: "Non sei cal é o meu estilo, eu son cantor"

O músico portugués actúa esta fin de semana na Coruña e en Vigo

Presenta o seu último traballo, 'bpm', no que colabora Abe Rábade

 

 

 

Fotografía de Joey Shultz
G24.gal 23/03/2023 14:02

Salvador Sobral actúa este venres no Teatro Colón da Coruña, con entradas xa esgotadas, e o sábado dará outro concerto no Auditorio Mar de Vigo. O cantor portugués presenta o seu último disco, 'bpm', no que colabora o pianista galego de jazz Abe Rábade. 

O cantor portugués, que gañou gran popularidade polo seu triunfo en Eurovisión en 2017, segue apostando polas cancións con alma e con esencia jazz. Sobral falou sobre a súa música e estes concertos en Galicia para o 'Diario Cultural' da Radio Galega, na sección semanal de Tito Lesende. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade