Cargando resultados...
Soledad Penalta: "Gústame a metáfora de atravesar o metal coa escrita"
Formas e grafismos recolle 14 pezas de Soledad Penalta, algunha inédita no Museo Municipal de Lalín, Ramón María Aller
Aceiro, ferro, bronce ou cerámica figuran entre os materiais vitais da artista
G24.gal
03/02/2024 11:30
Última actualización 31/01/2024 17:03
Soledad Penalta escribe no aceiro. Son as súas pezas manuscritas, formas e grafismos, que podemos ver en Lalín nunha mostra aberta recentemente. Ela é unha artista que naceu na cerámica e que poetiza os materiais pesados. Foi no 2018 a primeira muller académica na sección de escultura da Real Academia Galega de Belas Artes.