Stripe é a primeira cebra que habita na Terra Chá
Stripe é a primeira cebra que habita na Terra Chá
Trátase dun macho dun ano que vai para semental
O seu dono quere criar o híbrido cebralo
Stripe, que significa raia en inglés, é o nome deste macho de cebra que leva dez días no seu novo fogar en Vilalba. O animal non chegou dende África, senón dende Holanda, e talvez por iso se afai tan ben á Terra Chá. Tampouco ten problemas para comer o mesmo que o resto de cabalos do seu propietario nin require de atencións sanitarias especiais.
Stripe ten agora un ano de idade e agárdase que siga medrando. O obxectivo é que o vindeiro ano por estas datas xa estea exercendo como semental e que sexa cruzado con femias de cabalo galego de monte. Así, o seu propietario obtería os chamados cebralos, uns híbridos equinos moi aptos para a monta deportiva.
Con pouco máis dunha semana en Galicia, Stripe xa participou nunha das tradicións máis senlleiras do país, como é a baixada dos cabalos na feira das San Lucas en Mondoñedo. E dende logo, o público asistente e mesmo os donos dos cabalos estaban máis sorprendidos ca a propia cebra. Todo un exemplo de rápida integración.
Sen dúbida, a herba fresca da Terra Chá é un dos motivos para que a cebra se adaptara tan rápido.