Cargando resultados...
Tarabela teatro: "Cando se fala de emigración moitos non se senten representados"
Nesta peza fálase da cara máis descoñecida dos nosos devanceiros emigrados
Foron máis de 2 anos de investigación en arquivos e contaron con relatos dos descendentes
Boa sorte, mala fama estréase o domingo 4 no Auditorio de Lugo
G24.gal
01/02/2024 16:39
Última actualización 02/02/2024 16:30
Levan 2 anos investigando sobre a emigración galega. Un proxecto multidisciplinar coa intención de publicar un libro, facer un documental e unha peza teatral. A obra titúlase Boa sorte, mala fama, con guión e dirección de Carmen Conde, a interpretación de Mariña Pena e a música en vivo de Nastasia Zürcher, nun relato conmovedor e vital que estrean esta fin de semana no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.