Cargando resultados...
Terbutalina: "O disco sae dun baixón, pero tamén dun subidón do nivel de guitarras"
Terbutalina: "O disco sae dun baixón, pero tamén dun subidón do nivel de guitarras"
Era cabra, o oitavo álbum do grupo, reflicte un período que estivo cargado de concentración, creación e regresión
Con estes oito temas volven disposos "a reconquistar os pogos perdidos, as horas intempestivas e os quilómetros na estrada"
Terbutalina presenta Era cabra, 8 de decembro na Sala Malatesta de Santiago xunto con Los Chicos
G24.gal
17/11/2023 21:00
Última actualización 15/11/2023 16:37
Os muradáns Terbutalina estrean disco e preséntano en concerto o día 8 na sala Malatesta de Santiago. Era cabra é o seu oitavo disco e din que traen bo produto e sempre fresco. Da frescura, desde logo, non dubidamos nunca con esta banda. E ademais andan dicindo por aí que este traballo culmina un 'proceso catártico'. Ímoslle pregunar a Migui, Miguel Cernadas e Mon, José Ramón Núñez.