Xurxo Ayán: "Non hai viñedos en Europa con tanto espesor histórico como os da Ribeira Sacra"
Xurxo Ayán: "Non hai viñedos en Europa con tanto espesor histórico como os da Ribeira Sacra"
A idea da Ribeira Sacra foi creada por intelectuais rexionalistas como Emilia Pardo Bazán, Joaquín Arias Sanjurjo e a vertente tradicionalista católica
As escavacións conclúen que as fragas ocupadas polos eremitorios transformáronse nun espazo de explotación do viñedo ao servizo do feudalismo
Non hai datos que testemuñen que o viño da Ribeira Sacra se bebese na antiga Roma
Achegámonos a unha das zonas máis singulares de Galicia, a Ribeira Sacra, onde o divino e o humano parecen atoparse. Hai mosteiros, viñedos, lendas e é un lugar de importantes achados arqueolóxicos. Xurxo Ayán fálanos da construción ideolóxica da Ribeira Sacra.
No 2019, o proxecto Adegas da Memoria tenta datar a orixe da paisaxe aterrazada na paraxe dos Conventos, en Vilachá de Salvadur, na Pobra do Brollón (Lugo) e tamén no Preguntoiro, preto dos Peares (Pantón, Lugo) en 2021 e 2022.