Xurxo Ayán: "O trauma foi tan grande que a xente de Cambedo silenciaba a súa orixe"
Xurxo Ayán: "O trauma foi tan grande que a xente de Cambedo silenciaba a súa orixe"
Cambedo forma parte do imaxinario colectivo portugués como lugar arredado, habitado por veciños afoutos e prisioneros por apoiar a guerrilla
Na guerra do Cambedo, en 1946, tres guerrilleiros antifranquistas galegos refuxiáronse na casa de dona Albertina Tiago
A Asembleia da República portuguesa recoñeceu o labor solidario do Povo de Cambedo En decembro de 2023 no aniversario dos feitos
Na casa dunha muller chamada Albertina Tiago, en Cambedo da Raia, na localidade portuguesa de Chaves, refuxiáronse tres guerrilleiros antifascistas. Foron cercados e tiveron que loitar durante horas contra as forzas da ditadura española e portuguesa. Esa batalla desigual deixou pegadas que décadas despois reapareceron nas escavacións arqueolóxicas nas ruínas da casa de dona Albertina.