Xurxo Ayán: "A arqueoloxía nas casas cuarteis permite analizar a relación entre poder e sociedade ao longo das décadas"

O cuartel de Pobra do Brollón segue o modelo arquitectónico "nacional": un forte militar con niño de metralladoras nas esquinas orientadas cara á poboación
No desenvolvemento aplicouse o "modelo sectorial", en uso ata o atentado da ETA á casa-cuartel de Vic, a partir do cal separaban cuartel e vivendas civís
A arqueoloxía da arquitectura é unha vertente da arqueoloxía que estuda a evolución histórica dos edificios a partir da súa materialidade, da documentación de fases e actividades construtivas e da identificación de niveis de uso. E pode ser aplicada ao pasado máis recente.
Traemos hoxe aquí un exemplo bastante excepcional como é o da casa cuartel da Garda Civil da Pobra do Brollón (Lugo). Un espazo que foi símbolo do poder do Estado, unha sorte de fortaleza no medio do rural.